Sunday 28 de April de 2024

Conclúen as obras de mellora da estrada que une Campiña co Corral da Igrexa, na parroquia de Lubre


· Os traballos consistiron no reasfaltado da estrada que une a DP-0811 coa DP-0813.

· O investimento realizado foi de 56.995 euros, financiado a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

O Concello de Bergondo vén de rematar os traballos de mellora da estrada que une Campiña co Corral da Igrexa, na parroquia de Lubre. Esta é a estrada que une a DP-0811 coa DP-0813.

O investimento realizado nestas obras aproxímase aos 57.000 euros (56.995), financiados con fondos AGADER, correspondentes ao Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024.

As actuacións realizadas consistiron na repavimentación da calzada, que presentaba un firme bastante deteriorado polo seu uso. Ademais do reasfaltado, realizáronse traballos de limpeza de cunetas e bordos, instalación de recollida de pluviais e renovación da sinalización horizontal, incluíndo un símbolo de parada no inicio e final da vía.

O goberno local subliña que este lavado de face “afectará á calidade de vida dos veciños destas dúas comunidades”. Destacan que “un dos dous puntos básicos do noso programa de goberno é precisamente mellorar as infraestruturas básicas no rural do noso concello”.